InicioPolíticaO PP de Vilalba asegura que a dimisión da alcaldesa do PSOE...

O PP de Vilalba asegura que a dimisión da alcaldesa do PSOE demostra a “fraxilidade” do bipartito local

Entre outras cuestións, os populares argumentan que tras as eleccións de maio a rexedora manifestou que "dimitir non era o seu estilo", algo que fixo "poucos meses despois". "Ou mentía entón cando xa había rumores de que Elba Veleiro renunciaría ou mente agora e si houbo algún motivo" que a levou a tomar esta decisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Partido Popular de Vilalba asegurou que a dimisión da alcaldesa, a socialista Elba Veleiro, meses despois de selar un pacto de goberno con Vilalba Aberta, demostra a “fraxilidade” do bipartito local.

Nun comunicado remitido aos medios despois de que o pasado luns transcendese a dimisión da rexedora, que trasladou ao pleno o seu desexo de reincorporarse ao seu posto como médico no centro de saúde da localidade, os populares cualifican a situación de “tomadura de pelo aos veciños”.

Os populares sinalan que Elba Veleiro era “a cabeza de lista do PSOE” e, como tal, consideran que “se presumía que era unha persoa de peso dentro das filas do PSOE de Vilalba”, así como a “máxima representante do Concello”.

Por iso, lamentan que o municipio sexa noticia pola dimisión da rexedora, un feito que aseguran que “pode reflectir discrepancias entre os socios de goberno, xa que no anterior mandato romperan o seu pacto”. Así as cousas, aínda que o PP traslada o seu respecto á decisión persoal da socialista, sostén que, a nivel político, “serve máis ao PSOE que ao Concello de Vilalba” e inciden nas súas “contradicións”.

Entre outras cuestións, os populares argumentan que tras as eleccións de maio a rexedora manifestou que “dimitir non era o seu estilo”, algo que fixo “poucos meses despois”. “Ou mentía entón cando xa había rumores de que Elba Veleiro renunciaría ou mente agora e si houbo algún motivo” que a levou a tomar esta decisión.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...