InicioLugo e contornaPSOE e BNG conseguen manter a Deputación de Lugo a pesar da...

PSOE e BNG conseguen manter a Deputación de Lugo a pesar da suba do PP

Tomei dá por cumprido o "obxectivo" a nivel provincial e asegura que os ao redor de 15 votos impugnados en Friol "non cambiarán as cousas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos de reconto que aínda publica este luns o Ministerio do conceden a maioría absoluta da Deputación de Lugo ao PPdeG, pero os cálculos de populares e socialistas, pechado o escrutinio, ratifican que esa cifra non ten en conta o erro na asignación de pouco máis dun centenar de votos en Castro de Rei, que figuraban inicialmente para o BNG, pero son, en realidade, dos socialistas.

Ratificado este extremo, tras un tenso reconto durante o cal os populares se viron á fronte da institución provincial, confírmase que, do mesmo xeito que no Consistorio da capital, Elena Candia quedouse tamén ás portas da maioría absoluta na Deputación provincial.

Este xoves, o socialista José Tomé, quen estivo á fronte da Deputación no último mandato, defendeu que os socialistas están “satisfeitos” co resultado provincial posto que –alegou– o “obxectivo” era “manter o goberno progresista, encabezado polo PSOE e en coalición co BNG”. En canto ao sucedido durante o escrutinio, Tomei destacou que os datos dos socialistas sempre apuntaron a que manterían a deputación, aínda que admitiu que houbo algún ‘baile’ de deputados.

“AS COUSAS NON VAN A CAMBIAR”

“Nunca estivemos preocupados. As actas din o que din. Imos acudir á reunión da xunta electoral de datos e, por tanto, a partir de que tomen posesión as novas corporacións, elixir os deputados provinciais que nos correspondan en cada partido e, a principios de xullo, constituír a provincial e elixir un novo presidente“, esgrimiu.

Tomé constatou que hai ao redor dunha quincena de votos que foron impugnados en Friol, pero recalcou que os resultados non se van a modificar posto que a diferenza finalmente pola que os populares non conseguirán a maioría absoluta supera o centenar de sufraxios. “As cousas non van cambiar”, esgrimiu. En total, os populares sumarían un total de 12 actas na institución provincial, fronte ás 10 que obtería o PSOE e tres de BNG.

ARROXO

O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, recoñeceu que esperada un “maior resultado” na cidade, pero destacou que son os mellores resultados obtidos polo Bloque nesta urbe. Así se pronunciou o dirixente nacionalista en declaracións difundidas aos medios, nas que fai unha valoración dos resultados obtidos nas eleccións do pasado domingo.

“É certo que criamos que iamos sacar un maior resultado pero tamén temos que dicir que é o mellor resultado do BNG nunhas eleccións municipais”, destacou Arroxo, que asegura que a súa candidatura recibiu 2.000 votos máis que fai catro anos.

Para Arroxo esta alza de votos reflicte que están “a acertar” no proxecto presentado e que “calou en positivo”. “E o noso obxectivo ten que ser que esta cidade siga camiñando cara adiante”, apuntou.

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...

Arquivada a causa aberta contra o presidente de Castilla y León por unha entrada para ver ao Real Madrid

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Joaquín Brage, asinou este...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...