InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo sobre o 2022: "Fomos capaces de seguir coa...

A alcaldesa de Lugo sobre o 2022: “Fomos capaces de seguir coa folla de ruta”

O PP acusa a Lara Méndez de "estar máis pendente de facer oposición" á súa candidata, Elena Candia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A dous días de Noitevella, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo un balance “tremendamente positivo” do ano 2022 para a súa cidade, a pesar da situación económica “de crise” derivada da guerra de Ucraína e a inflación disparada.

Antes de que comezase o último pleno ordinario do ano no Concello, a rexedora parouse ante os medios de comunicación para facer este balance baixo o prisma de “contextualizar estes anos tan difíciles” por mor da pandemia e os seus efectos. Méndez celebrou o ser “capaces de seguir” coa súa folla de ruta, “priorizando as familias máis vulnerables” e envorcándose no goberno local “na dinamización económica da cidade”.

Con todo, tamén en declaracións previas ao pleno, o portavoz municipal do PP, Ramón Carballo, acusou á alcaldesa “de estar máis pendente de facer oposición a Elena Candia”, a candidata dos populares.

Precisamente, os socialistas responsabilizan a Candia de trasladar un anónimo á Fiscalía en 2013 que logo se incorporou ao sumario da Operación Pulpo, na que estivo imputado o expresidente da Deputación de Lugo e exlíder do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...