InicioPolíticaA subdelegada do Goberno en Lugo lamenta a actitude "irresponsable" da Xunta...

A subdelegada do Goberno en Lugo lamenta a actitude “irresponsable” da Xunta sobre o viaduto da A-6

Isabel Rodríguez engadiu que cada vez que o Goberno autonómico pon estas actuacións en dúbida, "pon en dúbida tamén o traballo dos empregados e os técnicos, non só do Ministerio, senón tamén da súa Consellería, cos que se consensúan cada un dos avances".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lamentou que a Xunta de Galicia siga tendo unha actitude “completamente irresponsable” e actúa “con insolvencia ou mala fe” ao “pór en dúbida” os avances no viaduto da A-6.

Así, tal como recolle a Subdelegación nun comunicado, Rodríguez lembroulle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que unha actuación como a de reconstrución desa ponte “vai por procedemento de emerxencia”, polo que non fai falta a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado.

“A conselleira tería que coñecer, como responsable pública e especialmente pola súa formación profesional, que un procedemento de emerxencia é moito máis rápido e flexible para a execución dunha actuación deste tipo”, subliñou Rodríguez, quen insistiu en que o Executivo se comprometeu a investir “todo o que faga falta e cando faga falta” para estes traballos.

Isabel Rodríguez engadiu que cada vez que o Goberno autonómico pon estas actuacións en dúbida, “pon en dúbida tamén o traballo dos empregados e os técnicos, non só do Ministerio, senón tamén da súa Consellería, cos que se consensúan cada un dos avances”.

Para a subdelegada do Goberno en Lugo a actitude de Vázquez resulta “ridícula” e “pon en dúbida a súa credibilidade”.

Na mesma liña falou o portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, quen pediu á Xunta que explique as declaracións públicas do seu ex delegado territorial en Lugo e actual deputado José Manuel Balseiro, quen sementou dúbidas sobre a seguridade das actuacións no viaduto da A-6.

Así, Álvarez lamentou esta “mostra de imprudencia” fronte á actuación do Executivo, o que demostra, ao seu xuízo, que “para un problema gravísimo están a cuestionar todo”, mentres que “non ten alternativas” para o derrube da estrada LU-651 no Courel.

ÚLTIMAS

Ulloa Viva traslada aos grupos do Congreso a oposición ao proxecto de Altri

Unha delegación da Plataforma Ulloa Viva desprazouse este martes a Madrid para visitar o...

O BNG pide á Xunta que dote ao PAC de Lugo de persoal suficiente

A viceportavoz parlamentaria do BNG e deputada pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, reclamou á Xunta que dote...

Baralla, epicentro de tres pequenos terremotos en pouco máis de dúas horas

O municipio de Baralla, en Lugo, foi epicentro de tres movementos sísmicos, rexistrados en pouco...

Medio centenar de produtores da Ulloa súmanse a un manifesto contra a instalación de Altri

Uns 50 produtores e empresarios da comarca da Ulloa e arredores sumáronse este martes...