InicioPolíticaLara Méndez eloxia a Pedro Sánchez de quen di que está "pensando...

Lara Méndez eloxia a Pedro Sánchez de quen di que está “pensando nas persoas e nos máis vulnerables”

"Viuse como se poden articular medidas que contribúan a redistribuír o diñeiro e que se atenda sobre todo ás familias, ás familias máis vulnerables e a aqueles que lles custa chegar a fin de mes", destacou a alcaldesa de Lugo e número dous do PSdeG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número dous do PSOE galego e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, eloxiou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, polos compromisos adquiridos durante o debate sobre o Estado da Nación, ao que observou “en modo presidente, pensando na cidadanía, nas persoas, pero pensando sobre todo, nos máis vulnerables”.

“Viuse como se poden articular medidas que contribúan a redistribuír o diñeiro e que se atenda sobre todo ás familias, ás familias máis vulnerables e a aqueles que lles custa chegar a fin de mes”, destacou.

A vicesecretaria xeral do PSdeG insistiu en que viu ao presidente Sánchez “atendendo ás necesidades, como xa leva facendo ao longo do seu mandato”. Enxalza ese compromiso coas “políticas sociais” que sairán fortalecidas, logo das medidas lanzadas este martes polo xefe do Executivo central.

E iso a pesar dunha lexislatura, que interpretou, que se traduce nunha “situación moi difícil e moi complexa, non hai que descontextualizar, nin obviar que momento tan difícil estamos a vivir, primeiro a través da pandemia e agora coa guerra en Ucraína”.

“NON HAI VARITA MÁXICA”

Lara Méndez esgrimiu a “problemática mundial, que se vive en todo o mundo, e téñense que pór medidas en función de como vai evolucionando”.

“Non hai un remedio máxico, senón aplicariámolo todos. Trátase de implementar medidas que axuden a que a xente poida chegar a fin de mes e que non teñamos traballadores pobres. Eu vin ao presidente Sánchez atendendo esas necesidades”, resaltou, finalmente, sobre a súa intervención.

ÚLTIMAS

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...