InicioPolíticaO BNG entrega no Congreso máis de 4.000 firmas por un tren...

O BNG entrega no Congreso máis de 4.000 firmas por un tren “digno” para Lugo

"Cremos que Lugo é un caso paradigmático de desmantelamento dos servizos ferroviarios", lamenta Rego, que avanza que seguirán "insistindo" con máis iniciativas para conseguir os obxectivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co responsable local do BNG en Lugo, Felipe Rivas, entregaron en Madrid as firmas recollidas na campaña ‘Lugo quere tren’, organizada polo BNG.

A formación nacionalista reclama poñer Lugo “no mapa dos servizos ferroviarios” e finalizar con “anos de recortes e eliminación de conexións e frecuencias”, para que Lugo e Galicia “conten con servizos dignos, con conexións útiles, pensadas para conectar os galegos”.

Representantes do BNG entregaron estas firmas, máis de 4.000, recollidas entre a veciñanza. “Lugo é unha cidade que está a quedar totalmente illada do resto de Galicia e do conxunto do Estado”, advertiu Arroxo. Así, avisou de que, cando se fala do AVE, está “a retirarse e elimiando as poucas conexións e frecuencias que tiña a capital luguesa”, á vez que se “desmantela este servizo”, coa supresión de liñas como consecuencia do confinamento e a pandemia.

O BNG seguirá traballando en Lugo para conseguir que o Ministerio de Transportes “atenda as demandas” da veciñanza, xa que Lugo “ten dereito” a contar cos mesmos servizos que o resto de cidades.

Pola súa banda, Néstor Rego lembrou que son xa “numerosas” as iniciativas do BNG no Congreso para conseguir este fin. “Cremos que Lugo é un caso paradigmático de desmantelamento dos servizos ferroviarios”, lamentou, para avanzar que seguirán “insistindo” con máis iniciativas para conseguir os obxectivos.

+ posts

ÚLTIMAS

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...