InicioPolíticaAlfonso Rueda pide en Lugo apoio para "non fallar a Feijóo"

Alfonso Rueda pide en Lugo apoio para “non fallar a Feijóo”

Elena Candia ratificou que o PP de Lugo "non vai fallar": "Empezas aquí, ante os artífices dos mellores resultados en porcentaxe de apoio ao PP en Galicia e dos mellores de España".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato a liderar o PPdeG, Alfonso Rueda, arrincou este sábado en Lugo a súa campaña interna previa ao 18º Congreso que se celebrará os días 21 e 22 de maio en Pontevedra cun chamamento a preservar o legado de Alberto Núñez Feijóo, un partido “forte e unido” alleo a discusións territoriais, que ve clave para o seu reto último: a quinta maioría absoluta consecutiva en Galicia.

Un día despois de que Feijóo formalizase a súa renuncia, Rueda desprazouse ata Lugo para participar na Xunta Directiva do PP provincial. En ‘A Fortaleza’, agradeceu o respaldo dos afiliados da provincia, coa súa líder, Elena Candia, para a que non escatimou en eloxios, á fronte.

Rueda insistiu en que el “nunca” quixo asumir o papel de Feijóo, un “líder irrepetible”, pero que decidiu dar un paso adiante para enfrontar “un reto aínda máis grande”, o de recuperar A Moncloa. E nesta conxuntura, esgrimiu que é preciso “encher inmediatamente o baleiro” que deixa o dos Peares, igual que a súa primeira “responsabilidade” é a de preservar a súa herdanza e manter un PPdeG “forte e unido”.

“Esa é a primeira tarefa que me boto encima dos ombros e para o que pido o apoio de todo o mundo, para non fallar a Feijóo“, apelou, antes de remarcar que é preciso traballar desde Galicia para contribuír a que o seu líder no Estado poida gañar. E nun escenario no que se especula sobre un posible regreso do modelo que marcou o mandato de Manuel Fraga coas baronías provinciais, Rueda pediu non caer en “discusións” que, afirma, non existen, pero tratan de “meter” os seus rivais políticos para “debilitar” a formación.

“Non houbo un PP de Albor, nin un de Fraga. Non hai un PP de Feijóo, nin haberá un PP de Rueda. Tampouco hai catro PPdeG: un da Coruña, outro de Lugo, outro de Pontevedra e outro de Ourense. Hai un PP de Galicia forte, unido e imbatible no que cabemos todos e non sobra ninguén”, proclamou.

Pola súa banda, Candia ratificou que o PP de Lugo “non vai fallar” a Rueda como “nunca” fallou en etapas previas, pero tamén reivindicou os resultados ante o que será o seu novo xefe de filas: “Empezas en Lugo, ante os artífices dos mellores resultados en porcentaxe de apoio ao PP en Galicia e dos mellores de España”.

REIVINDICA A CONDE

O candidato a liderar o PPdeG reivindicou tamén este sábado o traballo do vicepresidente segundo e responsable de Economía en funcións, Francisco Conde, de quen asegurou que, se o desexa, seguirá con el no novo Executivo galego. “Estou vendo a Paco, reivindico o traballo de Paco. Hai que estar no Goberno para ver todo o que fai e, se Paco quere, seguirei contando con el no Goberno, como non podía ser menos. É imprescindible”, proclamou.

UN GOBERNO CONTINUISTA?

Durante o acto, Rueda insistiu nunha idea que lanzou xa en días pasados: rexeita o “continuísmo” pero si buscará a “continuidade” das “cousas boas” que herda do seu antecesor, co fin de facelas “aínda mellores” e tentando, ao mesmo tempo, “innovar”.

Esta mesma xornada, nun acto en Santiago como vicepresidente primeiro en funcións, Rueda foi preguntado acerca de se conservaría a todo o equipo do seu antecesor e se mantería a ‘tradición’ de Feijóo de non responder a cotas territoriais na conformación dos seus sucesivos executivos.

Rueda, que deixou a porta aberta a introducir cambios –“en dúas semanas verémolo”, dixo–, asegurou que el é partidario de contar cos “mellores” con independencia da súa procedencia. E subliñou que, en base a este criterio e alleo a cotas territoriais, tratará de deseñar “o mellor Goberno posible”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...