InicioPolíticaA Deputación de Lugo pide á Xunta máis implicación no desenvolvemento da...

A Deputación de Lugo pide á Xunta máis implicación no desenvolvemento da telefonía móbil no rural

José Tomé di que a Xunta non pode pretender que os concellos máis pequenos asuman eses gastos xa que non teñen competencias nin medios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou unha moción do PSOE, que apoiou o seu socio de goberno do BNG e contou coa abstención do PP, pola que se empraza á Xunta que se implique no “desenvolvemento da telefonía móbil” nos concellos máis pequenos.

“Non podemos falar de desenvolvemento do rural e de que a xente quede a vivir no rural sen ter servizos”, esgrimiu o presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé. “O que queremos é que a Xunta asuma as súas competencias, que se implique realmente na defensa do rural e o que non pode pretender é trasladar aos concellos a carga de ter que soportar eses gastos, cando non teñen competencias e non teñen medios nos concellos máis pequenos”, manifestou.

Tomé apremou ao Goberno galego a que “se implique e afronte ese custo, e todos eses retos que ten co medio rural cando non se cansaron de repetir que esta ía ser a lexislatura do rural e nunca foi”. Xa a vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, lembrou que “o BNG leva moito tempo xa denunciando as políticas da Xunta en canto ao desmantelamento de servizos públicos no medio rural“.

“Como goberno levamos unha moción para que a Xunta estude á comunidade educativa de Chantada, do IES Val de Asma, pola previsión que ten a Xunta de agrupar ao estudiantado da ESO e do bacharelato nun instituto, coa consecuente denigración dos servizos públicos”, sinalou.

Os populares finalmente abstivéronse, aínda que apuntou o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, que “se van aplicar fondos Next Generation para iso”, o desenvolvemento da telefonía móbil “tanto pola autonomía como desde o Estado”.

“Xa hai concellos que se están conectando por fibra e evidentemente todo o que é ir a mellor benvido sexa. O que non entendemos é esa critica cara á Xunta de Galicia”, sinalou.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...