InicioPolíticaJosé Tomé aposta por "abrir as portas" do partido tras proclamarse presidente...

José Tomé aposta por “abrir as portas” do partido tras proclamarse presidente provincial

Estivo respaldado por todos os grandes dirixentes socialistas; Valentín González Formoso, José Ramón Besteiro e Jośe López Orozco, pero non da alcaldesa, Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este domingo novo secretario xeral do PSOE na provincia no IV Congreso provincial, no que apelou aos socialistas a “consolidar as alcaldías” que xa teñen, “conseguir outras novas” e “manter” a institución provincial.

Tomé, que destacou que o PSdeG goberna a día de hoxe para o 65% da poboación da provincia, sostivo que con toda “esa forza municipalista” tamén se poderá “axudar a renovar o Goberno de España e a recuperar o da Xunta, que tanta falta fai a este país”.

Nunha intervención na que agradeceu ao alcalde de Castroverde, José María Arias, –quen se retirou da carreira para liderar o PSOE provincial tras alcanzar un pacto co propio Tomé– que “por encima de todo” puxese a “vontade de acordo e de integración, máis aló das lexítimas aspiracións persoais a optar a un cargo que calquera compañeiro ou compañeira pode ter”.

Ademais, marcou catro liñas de traballo para lograr estes obxectivos que, segundo dixo, coinciden co que lle foi trasladado á militancia e que pasan por “abrir as portas das agrupacións para ilusionar e a traer a todas as persoas que queiran traballar pola provincia”, “máis proximidade e participación”, “máis apoio ás agrupacións” e unha maior coordinación das mensaxes.

“Estes son os alicerces sobre os que se asentará o traballo orgánico nesta nova etapa do partido, pero os congresos do Partido Socialista van moito máis alá, porque definimos as liñas de acción das políticas socialistas”, asegurou para citar cuestións como a defensa do rural, do Estado do Benestar, igualdade e mocidade, os sectores estratéxicos produtivos ou a industria.

O IV congreso provincial do PSdeG na provincia contou coa presenza do Secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán; do líder do PSdeG, Valentín González Formoso; do exsecretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; e do exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, entre outros.

EXECUTIVA

José Tomé estará acompañado na súa nova executiva do propio alcalde de Castroverde, José María Arias, quen ocupará a vicesecretaría, Ademais, a actual portavoz na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, será a secretaria de Organización. Ademais, ela será a representante da provincia no comité federal. Ademais, o que foi alcalde de Lugo e presidente do PSdeG baixo o liderado de Besteiro, Xosé López Orozco, presidirá a comisión de ética.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...