InicioPolítica'Lugo quere tren!': o BNG concéntrase a prol dos servizos de proximidade

‘Lugo quere tren!’: o BNG concéntrase a prol dos servizos de proximidade

No acto iniciouse unha campaña de recollida de firmas para reclamar a modernización da liña Lugo-A Coruña e a creación dunha conexión con Santiago de Compostela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG manifestouse este sábado na cidade da muralla para reclamar unha mellora do servizo ferroviario baixo o lema ‘Lugo quere tren!’. Á concentración asistiron o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz nacionalista no Concello de Lugo, Rubén Arroxo.

Durante o acto, Rego asegurou que seguirán traballando no Congreso e outras institucións para que “Lugo conte cun tren digno”, e concretou medidas como a actualización da liña Lugo-A Coruña ou a creación dunha conexión directa Lugo-Santiago.

O deputado do Bloque afirmou que Galicia “sofre unha discriminación histórica” en canto ás súas infraestruturas por parte dos Gobernos de PP e PSOE. Isto sucede a mesma semana na que o BNG presentou as súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2022, aprobados o pasado xoves, entre as que os nacionalistas pedían melloras das infraestruturas de transporte en Lugo e Ourense.

Rego criticou que a chegada do AVE a Galicia se produza 30 anos despois da data anunciada polo Goberno central, e insistiu en que “non existe servizo de proximidade en ningunha das áreas metropolitanas galegas”.

Pola súa banda, o portavoz do BNG no Concello de Lugo anunciou que a súa organización levará a cabo unha campaña “para poñer Lugo no mapa dos servizos ferroviarios, acabando con anos de recortes e eliminación de servizos”. No acto iniciouse unha campaña de recollida de firmas para reclamar a modernización da liña Lugo-A Coruña e a creación dunha conexión con Santiago de Compostela. Arroxo tachou de “agravio a Lugo” que esta sexa a única cidade sen conexión directa coa capital galega.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...