InicioPolíticaO PP aproveita o congreso de Lugo para acusar a Pedro Sánchez...

O PP aproveita o congreso de Lugo para acusar a Pedro Sánchez de non querer baixar o prezo da luz

A vicesecretaria de Organización do PP e presidenta dos populares de Navarra, Ana Beltrán, reclamou un adianto dos comicios: "Se non ten solucións, eleccións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicesecretaria de Organización do PP e presidenta dos populares de Navarra, Ana Beltrán, acusou este domingo ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, de non querer baixar o prezo da luz “digan o que digan”. Así, reclamou un adianto dos comicios: “Se non ten solucións, eleccións”.

Beltrán, quen acudiu a Outeiro de Rei a apoiar a Elena Candia na súa segunda proclamación como presidenta do PP na provincia, denunciou que as únicas solucións propostas polo Executivo estatal contra a subida da factura foron “medidas confiscatorias, intervindo as empresas”.

En contraposición, puxo as “medidas concretas” lanzadas polo PP para “baixar un 20 por cento esa tarifa”. “Manter o IVE de forma permanente ao 10 por cento; utilizar os dereitos de CO2, que son 2.000 millóns, para reducir a factura; e traspasar aos Orzamentos Xerais do Estado os custos non enerxéticos”, debullou.

A dirixente popular puxo o acento en que “a miseria enerxética é culpa de Sánchez” e reclamou eleccións: “Xa vai sendo hora de que, quen non sabe, convoque a todos os españois para que outro partido poida dar as solucións que non ten”.

“SEMANA NEGRA PARA O ESTADO DE DEREITO”

Ana Beltrán tamén aludiu á “semana negra” que se viviu en España “para o Estado de dereito, para a democracia e para todos os españois”. “Temos un presidente do goberno que o vimos genuflexo ante os intereses dos independentistas cataláns e genuflexo ante os intereses dos herdeiros de ETA, de Bildu e Batasuna”, explicou.

“Vimos unha mesa bilateral que é unha ignominia e unha indignidade porque vemos sentar ao presidente Sánchez de ‘ti a ti’ co presidente doutra comunidade e o máis preocupante disto é que non sabemos de que falaron. Requirimos que presenten as actas desa reunión e dígannos de que falaron“, clamou.

Tamén tivo reproches ao Goberno por non deter as homenaxes ao terrorista Henry Parot, con 39 asasinatos no seu historial, e igualmente confesou que lle “preocupa” o futuro da factoría de Alcoa San Cibrao, no municipio lucense de Cervo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...