InicioPolíticaO PSOE de Lugo acusa ao "abandono absoluto" da Xunta como causa...

O PSOE de Lugo acusa ao “abandono absoluto” da Xunta como causa da “sobreprodución” de lobos

A secretaria provincial do PSOE, Patricia Otero, lembra que a protección "aínda non foi aprobada" e que, por tanto, "nada puido ter que ver coa superpoboación actual deste animal no noso territorio, senón todo o contrario".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria provincial do PSOE de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero, atribuíu a “sobreprodución” de lobos ao “absoluto abandono” da Xunta durante os mandatos de Alberto Núñez Feijóo.

Nun comunicado, a parlamentaria aludiu ás declaracións nas que o pasado venres a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, pedía aos alcaldes socialistas da provincia que presionasen ao Goberno central para que “non prospere a normativa que inclúe ao lobo na lista de especies silvestres en réxime de protección especial”.

Respecto diso, Patricia Otero acusou aos populares de volver utilizar ” a hipocrisía en relación coa situación do lobo” e acusou a Candia de aproveitar o tema para “lanzar a pedra e esconder a man”.

Así, a parlamentaria lembra que a protección “aínda non foi aprobada” e que, por tanto, “nada puido ter que ver coa superpoboación actual deste animal no noso territorio, senón todo o contrario”.

Nesa liña, remarca que a “sobreprodución se debe ao absoluto abandono de responsabilidades da Xunta de Galicia no mandato do PP“. Así, sinala que o Plan do Lobo aprobouse en 2008, incluíndo a obrigación de revisalo no prazo de 10 anos. Pese iso, subliña que pasaron xa dez anos do prazo “sen que a Xunta leve a cabo ningunha revisión”.

Tampouco houbo novidades sobre o Foro Galego do Lobo, onde todos os sectores implicados e os obrigados pola lei tamén deben de estar presentes en estudos zonais sobre o comportamento deste animal para revisalos cada cinco anos. Outro incumprimento máis do PP e da Xunta, xa que o último censo data do ano 2014″, criticou.

Así as cousas, incidiu en que “a situación actual corresponde exclusivamente ao abandono dos gobernos do PP, que careceron de calquera iniciativa para afrontar o probable crecemento da poboación de lobos”.

Por último, considerou que no canto de “dedicarse a expandir falsidades”, o PP debería “traballar para que o Goberno de Feijóo” sexa diligente na tramitación das axudas polas pérdidasproducidas polos ataques.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...