InicioPolíticaO BNG anuncia desde Lugo que busca "reforzar e multiplicar" a súa...

O BNG anuncia desde Lugo que busca “reforzar e multiplicar” a súa presenza municipal nas eleccións de 2023

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, proclamou que "o reto está moi claro": "Que en dous anos hai reforzar e multiplicar a presenza municipal do BNG, dos gobernos do BNG nos concellos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, exponse como “reto” para os próximos dous anos, ata as eleccións municipais de 2023, “reforzar e multiplicar a presenza municipal” dos nacionalistas nos concellos, como “preámbulo” para poder “liderar o futuro de Galicia”.

Pontón concluía así con este desafío un cume, programada no Hotel Méndez Núñez de Lugo, con ata 52 representantes do ámbito local galego, entre alcaldes e concelleiros de toda Galicia.

O BNG é a forza política que máis crece neste país e temos unha excelente situación para non fixarnos límites despois de que en apenas dous anos conseguísemos recuperar a representación no Congreso dos Deputados e que ademais nos convertemos na segunda forza política deste país”, remarcou Pontón.

Por iso, proclamou entre aplausos que “o reto está moi claro”: “Que en dous anos hai reforzar e multiplicar a presenza municipal do BNG, dos gobernos do BNG nos concellos”.

“A ACHEGA DO BNG” A LUGO

Previamente, Pontón quixo facer “un recoñecemento e unha felicitación” ao tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, e a todo o equipo municipal “polo excelente labor que levan realizando nestes dous anos e que demostra a importante achega do BNG a esta cidade”.

“A chegada do Bloque ao goberno municipal marcou un antes e un despois, está a revolucionar Lugo, está a facer que Lugo avance e progrese e isto é o principio de todo o que podemos facer nesta cidade”, presumiu.

LORES E ARROXO

Tamén interveu o alcalde de Pontevedra, Francisco Fernández Lores, quen destacou que no BNG “sempre” estiveron “a mirar e aprendendo de todas as vangardas que había a nivel mundial e aplicando todas esas prácticas nos nosos proxectos de país e de concellos”.

Pola súa banda, o primeiro tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo, explicou o “simbolismo” que para os nacionalista ten o Hotel Méndez Núñez “porque hai 103 anos” celebrouse a Asemblea Nacionalista de 1918.

Iso si, foi “a 150 metros do hotel, pero despois viñeron a cear aquí”, chanceou a continuación.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...