InicioLugo e contornaLugoO PP acusa ao BNG de "trato de favor aos golpistas" de...

O PP acusa ao BNG de “trato de favor aos golpistas” de ERC e o Bloque denuncia que “confunda” á cidadanía

O BNG critica aos populares por "mesturar as cousas para confundir á cidadanía" e ínstaos a traer deputados estatais para que coñezan o Vello Cárcere e promocionar o turismo de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular pediulle explicacións ao tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), “pola visita privada, con guía, que lle organizou a Gabriel Rufián” ao Centro Cultural Vello Cárcere, un “edificio histórico que estaba nese momento pechado ao público”.

Segundo os populares, sucedeu o pasado fin de semana, cando o deputado Gabriel Rufían (ERC) veu a Lugo para participar nun acto organizado por un colectivo lucense, e os edís do BNG “pasearon ao lider independentista de Esquerra Republicana de Catalunya polas súas dependencias fóra do horario de apertura ao público e cun cicerone privado”.

O viceportavoz do PP, Antonio Ameijide, lamentou o sectarismo dos nacionalistas que “convidan a Rufián a visitar zonas pechadas e vetadas para os lucenses como a cafetaría panorámica da última planta”. De feito, vai máis alá e acusa ao BNG de “trato de favor aos golpistas e de trato discriminatorio ao grupo Popular” por negarlle o pasado 16 de marzo ao PP acceder á cafetaría “para comprobar o estado do seu mobiliario”.

“CONFUNDIR Á CIDADANÍA”

Pola súa banda, a edila de Cultura, Turismo e Promoción dá Lingua, Maite Ferreiro, explicou que o Concello de Lugo quixo aproveitar a visita dun deputado de Rufián para “amosarlle unha das instalacións culturais con maior atractivo turístico da cidade”. Desde o seu punto de vista, o que fai o Partido Popular é “mesturar as cousas para confundir á cidadanía”.

Por iso, a edila de Cultura tamén convidou “aos deputados nacionais do Partido Popular” a visitar Lugo e o Vello Cárcere, coa delegación que consideren oportuna, “para que tamén colaboren coa promoción turística de Lugo”.  Ademais, apuntou que, ademais de Rufián, na visita participou a eurodeputada do BNG Ana Miranda, concelleiros de Cataluña e profesores de universidade.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...