InicioPolíticaMéndez e Miñones abordan proxectos e infraestruturas estratéxicas para Lugo como a...

Méndez e Miñones abordan proxectos e infraestruturas estratéxicas para Lugo como a autovía A-54 e a rede ferroviaria

Primeira toma de contacto entre a alcaldesa e o delegado do Goberno, ambos os do PSOE

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado do Goberno, José Miñones, abordaron proxectos e infraestruturas estratéxicas para a cidade da Muralla, nunha primeira toma de contacto este mércores.

“Nesta primeira visita o que se persegue é unha toma de contacto, trasladarlle os proxectos que estamos a desenvolver na nosa cidade, que necesidades, que inquietudes e visións que temos de futuro que coinciden coas directrices que se están expondo desde o propio Goberno do estado, no eixo da transición ecolóxica, da sustentabilidade, para que coñeza de primeira man os nosos proxectos”, apuntou Méndez.

Igualmente, non dubidou en pór o acento en que se seguirán “reivindicando esas infraestruturas tan necesarias para conectar coa comunidade autónoma e coa meseta, infraestruturas viarias e ferroviarias”.

“Temos que agradecer o esforzo que está a facer o Goberno na posta en marcha e a aposta real para que esas infraestruturas vaian a termo, no impulso da autovía A-54, no impulso da rede ferroviaria, na electrificación. Eu sempre digo que unha vez superada unha dificultade xérase outra”, concluía a alcaldesa, que lle fixo entrega ao delegado dun pin e un libro sobre a muralla romana de Lugo.

ALCOA

Pola súa banda, Miñones, tras referirse a a problemática de Alcoa en Santiago, reiterou en Lugo que “nunca un goberno apoiou tanto como está a facer agora” a esta factoría “e a toda a industria electrointensiva, como se acaba de demostrar onte no Consello de Ministros coa aprobación de 91 millóns de euros para seguir apostando polo sector”.

En canto a unha posible “intervención”, insistiu en que “non é a SEPI a función que ten de facer esa intervención”, senón que “está para pivotar precisamente axudas no proceso de venda”. “Neste caso é Alcoa a que ten que seguir nese compromiso e que sexa real, que é o que se pediu desde o primeiro momento”, finalizou.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...