InicioPolíticaO PP apunta a unha suposta "renuncia" do xefe de Servizos Sociais...

O PP apunta a unha suposta “renuncia” do xefe de Servizos Sociais de Lugo e o Concello desménteo

O goberno local explicou que non houbera tal dimisión, senón que se trataba dun posto de traballo temporal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP local de Lugo apuntou este luns a unha suposta “renuncia” do xefe de Servizos Sociais do Concello por “diferenzas” coa concelleira desta área, Olga Racamonde. Con todo, o goberno municipal explicou posteriormente que non se trata de “ningunha dimisión”, senón que era un posto “delimitado temporalmente” por seis meses.

Primeiramente, os populares emitiron un comunicado no que se din “preocupados pola desbandada de cargos” no goberno bipartito PSOE-BNG, liderado pola socialista Lara Méndez.  “Primeiro foi o concelleiro de Urbanismo (Miguel Couto) quen dimitiu por desencontros coa alcaldesa e agora vén de coñecerse a renuncia do xefe de Servizos Sociais por diferenzas coa concelleira responsable desta área”, asegurou a edila do PP Macamen López Silva.

Segundo asegurou, o xefe de Servizos Sociais “tan só levaba no cargo desde outubro de 2020” e era “o terceiro” en dous anos “que renuncia a asumir esta tarefa”. Ademais, a concelleira popular lembrou as “moitas baixas” producidas nesta área durante a pandemia e vinculounas á “falta de diálogo e ás continuas desavinzas de Racamonde co persoal de servizo”, o que provoca “problemas de operatividade” neste departamento.

O CONCELLO DESMÉNTEO

No entanto, posteriormente, o goberno local emitiu un comunicado no que aclarou que “non foi presentada ningunha dimisión” en Servizos Sociais, senón que a persoa que desempeñaba este cargo ocupábao “en Comisión de Servizo por unha duración de seis meses” que conclúen este mesmo xoves, 15 de abril

Así, engade o goberno, era un posto “delimitado temporalmente” no momento do seu nomeamento e “segundo o procedemento que levou a cabo”. Agora, o Concello prevé convocalo de novo “de modo inmediato” para proceder á súa cobertura.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...