InicioSucesosSeguen os labores de refrixeración no Ceao, co incendio pendente de ser...

Seguen os labores de refrixeración no Ceao, co incendio pendente de ser extinguido

"O lume está controlado, pero non apagado", informou a alcaldesa da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os equipos de emerxencia continúan traballando no incendio do polígono industrial do Ceao, declarado o pasado domingo e que, polo momento, arrasou seis naves. As tarefas céntranse na refrixeración das zonas para evitar a reprodución dos focos dun lume que permanece baixo control á espera de ser extinguido na súa totalidade.

O balance da situación este mércores foi ofrecido pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que, en declaracións aos medios, incidiu en que o lume está “está controlado, que non apagado”.  

“Hai que deixar pasar o tempo e que se vaia arrefriando”, engadiu a rexedora luguesa, que tamén recoñeceu que é necesario “deixar de botar” en determinadas zonas “para evitar outros danos colaterais”.

Así mesmo, chamou a atención “sobre bolsas de aire que poidan quedar, para que non exploten e provoquen outros danos, polo que se seguirán mantendo reténs de control para que fagan un seguimento da evolución da situación”.

AXUDAS ÁS EMPRESAS AFECTADAS

Sobre apoios económicos ás seis empresas afectadas, a alcaldesa de Lugo aproveitou para subliñar que o Concello habilitou liñas de axudas “desde o ‘Plan Transforma’ ata aquelas que están máis vinculadas ao tema COVID”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...