InicioPolíticaBaile de cargos no goberno local de Lugo: Álvaro Santos será o...

Baile de cargos no goberno local de Lugo: Álvaro Santos será o novo concelleiro de Urbanismo

A alcaldesa, Lara Méndez, anunciou unha profunda reorganización do equipo de goberno tras a dimisión de Miguel Couto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A dimisión de Miguel Couto como concelleiro de Urbanismo de Lugo deu pé a profundos cambios no organigrama da corporación local, ameazada pola sombra dunha crise de goberno. A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, anunciou está mañá en rolda de prensa a nova estrutura, na que Álvaro Santos deixará de ser edil de medio ambiente para ocuparse da concellería de Sostibilidade Urbana e do relativo á Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Evislusa).

Neste baile de cargos incorpórase unha nova cara. É a de Silvia Alonso Pérez, doutora universitaria que asumirá a área de Igualdade e Muller, ata o momento xestionada por Ana González Abelleira. Así, Abelleira pasa a Desenvolvemento Local e Emprego, concellería antes defendida por Mauricio Repetto, que queda nesa área pero á fronte de Xuventude e Deporte.

Por último, Miguel Fernández será quen encabece Cohesión Territorial, que aglutina Medio Rural e Medio Ambiente.

Todas estas modificacións serán efectivas a partir da vindeira semana.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...