Home Lugo e contorna Lugo O PP pide un expediente para un músico da banda municipal “condenado por agresión” a unha compañeira

O PP pide un expediente para un músico da banda municipal “condenado por agresión” a unha compañeira

0
O PP pide un expediente para un músico da banda municipal “condenado por agresión” a unha compañeira
Actuación da Banda de Música Municipal de Lugo no Vello Cárcere | BMML

O Partido Popular esixiulle ao goberno local que active de inmediato o “expediente disciplinario” ao músico que foi condenado por “agredir a unha compañeira da Banda de Música de Lugo no transcurso dun ensaio”. “Acabamos de coñecer a sentenza”, dixo a edila Beatriz Vázquez, quen lle pide á área de Cultura que active o expediente disciplinario que quedara en suspenso á espera de coñecer a resolución xudicial por eses feitos, que sucederon no ano 2017, porque ?non se poden permitir agresións físicas en ningún ámbito municipal?.

Ademais, a concelleira afirmou que, despois de 150 anos de historia, “a Banda de Música está a vivir o momento máis crítico da súa historia”, dado que pasou de 48 a 18 músicos, que se atopan nunha “situación esperpéntica”, despois de “catro anos sen actuar en público”.

“O caótico estado da Banda Municipal de Lugo era visto, despois do desmantelamento propiciado polo PSOE nos seus sucesivos anos de goberno”, engadiu, algo que agora “chega o BNG e remata”. Na mesma liña, preguntábase “cando está previsto terminar o proceso para designar ao director da Banda e cando van ser contratados máis músicos”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here