InicioPolíticaA alcaldesa de Lugo anima a participar na protesta de traballadores de...

A alcaldesa de Lugo anima a participar na protesta de traballadores de Alcoa na cidade

Lara Méndez pide participar aínda que sexa de maneira virtual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, animou aos lucenses, aínda que sexa a través das redes sociais, a participar na protesta dos traballadores de Alcoa programada para o sábado na cidade.

A rexedora asegurou que “se” pode acudirá, e lembrou que “na Mariña” xa ten “acompañado aos manifestantes e tamén cando se concentraron ante a Subdelegación do Goberno hai uns meses”. “E, por tanto vou seguir mostrando o noso apoio”, dixo, ás reivindicacións do comité de empresa.

Méndez apela a que se trata de “un sector imprescindible no noso país” e abundou en ofrecer o seu respaldo de novo “a todos os traballadores que directa ou indirectamente” dependen da factoría de San Cibrao (Cervo).

Así mesmo, Lara Méndez aproveitou para acusar á multinacional americana de “abuso de poder”, para chamar a que “todo o mundo que participe (na protesta), dentro das pautas recomendadas” contra a Covid-19.

A rexedora incidiu na necesidade de “ser cautos”, ante esta manifestación, porque “o primeiro é a saúde, pero hai que mostrar o apoio incondicional aos traballadores” tanto presencialmente, aínda que tamén “a través das redes”. “As redes tamén son unha forma de manifestarse importante e de mobilizarse. Animar a todo o mundo a que dunha forma ou outra apoien aos traballadores de Alcoa”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...