InicioPolíticaO PP propón á Deputación a creación dun comité de expertos fronte...

O PP propón á Deputación a creación dun comité de expertos fronte á COVID-19

Os populares queren que sexa convocada unha reunión da xunta de portavoces para analizar a situación na provincia en relación coa pandemia e para acordar a creación deste comité.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PP expuxo á Deputación de Lugo a creación dun comité de expertos para asesorar fronte á pandemia da COVID-19.

O portavoz provincial, Javier Castiñeira, afirma que este organismo “non pode permanecer impasible nas actuais circunstancias”, e considera que “hai que evitar que se repita o que pasou ao comezo da pandemia“. Entón, asegura, a institución “chegou tarde absolutamente a todo e tentou improvisar”.

Así as cousas, Castiñeira asegura que “é necesario que haxa un comité de expertos, persoas que tecnicamente poidan asesorar aos concellos, á Deputación e, especialmente, ás residencias de anciáns que ten por toda a provincia“.

Os populares queren que sexa convocada unha reunión da xunta de portavoces para analizar a situación na provincia en relación coa pandemia e para acordar a creación deste comité.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...