InicioPolíticaDimite Josito Pérez da dirección galega de Podemos tras o "trompazo" do...

Dimite Josito Pérez da dirección galega de Podemos tras o “trompazo” do 12J

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato nas eleccións municipais de maio de 2019 de Podemos en Lugo, José Manuel Pérez Afonso ‘Josito’, presentou a súa dimisión como responsable da área interna a nivel autonómico do partido morado en Galicia, aínda que seguirá como secretario local da organización na Cidade das Murallas.

En declarciones a Europa Press, ‘Josito’ Pérez di que se vai “por responsabilidade e coherencia” despois dos resultados das eleccións galegas do 12 de xullo, nas que figuraba como número tres da coalición Galicia En Común-Anova Mareas pola circunscrición de Lugo.

Pérez cre que os resultados de En Común “foron un trompazo sen paliativos” para os que non caben “escusas”, despois de que a alianza encabezada polo líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, quedase fora do Parlamento galego.

Así as cousas, considera oportuno dar un paso á beira para deixar que os seus compañeiros de partido “sigan trabanado” para “reconstruír o proxecto” da formación morada. Con todo, ‘Josito’ Pérez continuará como secretario xeral municipal de Podemos en Lugo, cidade onde foi cabeza de lista nas locais de maio de 2019, nas que o espazo político rupturista concorreu dividido en tres listas. Ningunha delas logrou representación.

“Seguirei traballando no meu territorio”, apuntou Pérez, que cre que a súa dimisión da executiva galega debe entenderse “como algo democrático e san”. Así as cousas, Pérez Afonso considera que Podemos Galicia ten agora que “construír unha organización centrada no territorio” e “escoitar ás bases”, ademais de ter sempre “un pé na rúa”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...