InicioPolíticaGato Soengas renuncia á alcaldía de Monterroso e pon fin a un...

Gato Soengas renuncia á alcaldía de Monterroso e pon fin a un ano repleto de crises no goberno local

En catorce meses, o concello viviu a ruptura de dúas coalicións e unha permanente polémica que afectou á gobernabilidade. O PSdeG séntense agora "lexitimado" para falar con outras forzas e asumir o mando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, presentou a súa renuncia ao cargo, segundo informaron a EFE fontes municipais. Desta maneira, pon fin a unha etapa na que quedou á fronte do Concello co único apoio do edil de Compromiso por Galicia (CXG), Xavier Vázquez, despois de romper en marzo o pacto ao que chegara só uns meses antes co PSdeG.

En pouco máis dun ano desde que se celebraron os comicios municipais, non foron poucas as polémicas que azoutaron o Concello de Monterroso, con varios pactos e rupturas dos mesmos que dificultaron a gobernabilidade.

En agosto, Gato Soengas rompera co seu propio grupo político, Independentes por Monterroso, co que concorrera aos comicios municipais en maio, pero en outubro chegou a un acordo co Partido Socialista para manter a gobernabilidade do Concello, que tamén rompeu aos poucos meses.

Esta segunda crise orixinouse ao cesar Gato Soengas por decreto aos dous tenentes de alcalde do Partido Socialista e presentar unha terceira edila a súa renuncia.  Daquela, o portavoz do grupo municipal do PSdeG, Rafael García, pedira a dimisión de Gato Soengas pola “súa incapacidade para gobernar o Concello”, que viviu a ruptura de dúas coalicións en menos dun ano.

Dende iso, Gato Soengas estaba á fronte da corporación co apoio do concelleiro de Compromiso por Galicia, Xavier Vázquez, que asumía as funcións de tenente de alcalde e que agora exercerá como alcalde en funcións logo de que Antonio Gato presentara a súa dimisión.

O PSdeG, “LEXITIMADO” PARA “ASUMIR” O GOBERNO

Tras o anuncio da renuncia por parte do alcalde, o voceiro do grupo local do PSdeG, Rafael García, asegurou que o seu partido se sinte “lexitimado” para “estudar calquera posibilidade” e falar coas demais formacións da corporación municipal para asumir o goberno en Monterroso.

En declaracións á Cadena Cope, García lembrou que o Partido Socialista quedou “a un só voto de ser a lista máis votada”, polo que, despois da renuncia do alcalde e todo o que sucedeu no Concello no último ano, séntese “lexitimado” para “liderar un proxecto de futuro” para Monterroso.

“Estamos abertos para chegar a un consenso, a un arranxo” cos demais grupos da corporación municipal, dixo. Nese sentido, lembrou que “pasou un ano” desde as eleccións municipais e “non se pode permitir máis tempo de indiferenza”.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...