InicioPolíticaBeiras acusa ao PP de "comportamento sedicioso" e pide unidade á esquerda...

Beiras acusa ao PP de “comportamento sedicioso” e pide unidade á esquerda para “botar a Feijóo”

Di que "estará na primeira liña" para "reorientar, reconstruír e avanzar no progreso e benestar das persoas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, que se atopaba apartado do foco mediático desde fai máis dun ano, participou este domingo nun acto en Lugo, no que cualificou ao presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de “colaboracionista do fascismo máis brutal”.

Beiras acompañou ao candidato de Galicia en Común-Anova Mareas pola provincia, Miguel Anxo Fernán Vello, nun acto ao que asistiron medio centenar de simpatizantes e membros da lista por Lugo. O veterano político considerou a Feijóo “colaboracionista” pola súa relación co líder da súa formación a nivel estatal, Pablo Casado, que “ten un comportamento sedicioso“, do mesmo xeito que Vox.

Existe, defendeu, “un imperativo ético” de “botar aos usurpadores das institucións”. “Hai que botar a Feijóo do goberno”, dixo e chamou a que Galicia non volva dar unha maioría aos populares no Parlamento, posto que, se non, “acabarán con este país mesmo fisicamente“. En 11 anos, criticou, “non fixeron nada por Galicia” e na actualidade hai “dúas pandemias”: a do coronavirus e a do “fascismo”.

Beiras manifestou que “as forzas de esquerda deberían unirse” para acabar co “reinado do PP”. Se a xente non vota á esquerda, agregou, “haberá peste para moito tempo”. Pola súa banda, Fernán-Vello mostrouse “convencido” de que a partir do día 12 de xullo “iniciarase un novo tempo político en Galicia”. O seu partido, asegurou, “estará na primeira liña” para “reorientar, reconstruír e avanzar no progreso e benestar das persoas”.

O candidato augurou que o seu partido “vai dar unha gran sorpresa nas eleccións” para cambiar o goberno da Xunta de Galicia e “botar democraticamente” a Feijóo da Presidencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación cunha xornada de presentación

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación iniciou este mércores o curso 2026-2027 cunha...

A Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo

A Xunta sacou este mércores a licitación por 4,3 millóns de euros as obras...