InicioPolíticaXosé Manuel Beiras reaparece nun acto en Lugo o vindeiro domingo 21

Xosé Manuel Beiras reaparece nun acto en Lugo o vindeiro domingo 21

O político participará na presentación da campaña de Galicia En Común-Anova-Mareas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras volverá situarse diante dos medios de comunicación e ante o público nun acto previsto para este domingo 21 en Lugo. O político participará na presentación da campaña de Galicia En Común-Anova-Mareas de cara ás eleccións do 12 de xullo.

Será este domingo, ás 12:30h, na Praza do Campo Castelo. Beiras comparecerá por primeira vez tras a crise da COVID-19 e fará unha valoración da situación sanitaria e dos “recortes”, ademais doutros temas que seguramente sairán a debate nun coloquio posterior á presentación da candidatura da coalición por Lugo.

Intervirán distintos membros da lista, así como Miguel Anxo Fernán Vello, candidato lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...