InicioPolíticaLara Méndez, escéptica sobre a viabilidade das eleccións co actual contexto sanitario

Lara Méndez, escéptica sobre a viabilidade das eleccións co actual contexto sanitario

A secretaria provincial do PSdeG criticou que o PP está máis preocupado dos comicios ca de ofrecer axudas a sectores afectados pola crise, como o turístico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, preguntouse se a actual situación de crise sanitaria pola pandemia do coronavirus permite garantir o dereito dos cidadáns a exercer o seu voto. “A resposta non está tanto no cando senón no como”, manifestou a rexedora en referencia á posible celebración de eleccións autonómicas en Galicia no próximo mes de xullo.

De cara á celebración dos comicios, Méndez considerou necesario que se dean as garantías sanitarias e que estas permitan que todo cidadán poida exercer o seu dereito ao voto. “Nas condicións nas que estamos pódese asegurar?“, preguntou a alcaldesa.

Así mesmo, en referencia aos argumentos esgrimidos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para celebrar a cita coas urnas canto antes por un posible rebrote en setembro ou outubro, a alcaldesa considerou necesario que a Xunta aclare que está a facer para “tentar paliar e combater esa posible repunta“. “Creo que o que cabe é responder a estas premisas”, manifestou a alcaldesa.

AXUDAS AO SECTOR TURÍSTICO

Por outra banda, a secretaria provincial do PSOE de Lugo, Patricia Otero, criticou o plan de turismo exposto pola Xunta que, ao seu ver, non responde as demandas do sector. Esixe á Administración autonómica que aclare que cantidade dos 27 millóns de euros se corresponde coa provincia.

Nun comunicado remitido aos medios, Otero asegurou que o Partido Popular está máis preocupado pola convocatoria electoral que polo sector turístico e instou ao delegado da Xunta na provincia a dar datos sobre a situación “real” do sector.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...