InicioPolíticaOlga Louzao afástase de Arrimadas e súmase á candidatura coa que Francisco...

Olga Louzao afástase de Arrimadas e súmase á candidatura coa que Francisco Igea quere liderar Ciudadanos

A voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo decidiu apoiar a Igea para que os votantes "non queden orfos" dun partido "de centro, sereno e tranquilo, máis necesario ca nunca". Asegurou que as conversas coa xestora non foron doadas e finalmente acabaron por impoñerse dous modelos de partido diferentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A voceira de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, sumouse á candidatura coa que Francisco Igea aspira a liderar o partido laranxa. Aseguran que a idea é que os votantes que confiaron na súa formación política “non queden orfos”, senón que sigan tendo como referencia a “un partido de centro, sereno e tranquilo”, que é “máis necesario que nunca”.

“Nós somos de Ciudadanos, non somos do Partido Popular nin do Partido Socialista. De feito, cando nos afiliamos, xa existían eses partidos. Cremos que Ciudadanos é un partido máis necesario ca nunca nestes momentos para dar estabilidade ao noso país. Tamén en Galicia, onde temos eleccións en pouco tempo, cunha mensaxe propia”, dixo Louzao a EFE.

“Integro a candidatura que presenta Paco Igea para liderar Ciudadanos e estou moi contenta, orgullosa e satisfeita de que contase comigo, xunto coa miña compañeira Ángeles, para ser a voz dos meus compañeiros galegos neste novo proceso”, dixo Louzao. Asegura que concorre a este proceso, xunto cos seus compañeiros de candidatura, coa intención de seguir “achegando” todo o que poida “ao partido ao que nos afiliamos, no que cremos e que vemos máis necesario que nunca”.

DIFERENZAS COA XESTORA 

“Xa levabamos varios meses traballando na plataforma ‘Ciudadanos es ti’, na que defendemos un modelo de partido diferente ao que presentou a xestora. Traballamos neses estatutos novos, que é o sentir de moitos de nós con respecto ao rumbo novo que ten que tomar o partido nos próximos anos”, engadiu.

De feito, Olga Louzao opina que este proceso ten que servir para formar “un partido máis democrático, máis participativo, no que teñamos que render contas aos nosos afiliados, aos compañeiros que nos elixan”. “Ese é o modelo de partido que queremos. Non foi fácil levar a cabo as conversacións coa parte da xestora, e neste caso con Inés [Arrimadas], para poder confluír ou polo menos para que se nos escoitase. Por iso, Paco Igea deu este paso adiante”, precisou. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...