José Tomé, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, negou que o desprazamento de Sonsoles López Izquierdo -que foi elixida deputada nas anteriores xerais como número 2- na lista para os comicios do 10 de novembro se deba a “ningún tipo de castigo“. Neste sentido, negou a existencia dunha nova crise no PSOE luhttps://lugoxornal.gal/politica/14996-o-psdeg-relega-dos-postos-de-saida-nas-listas-a-que-fora-deputada-por-lugo-sonsoles-lopez/cense, aínda que lembrou que a competencia para modificar as candidaturas pertence á Comisión Federal de Listas.
O posto que ocupou nos anteriores comicios Sonsoles López Izquierdo será agora para Javier Cerqueiro. “A Comisión Federal de Listas, que é o órgano competente para este tipo de cousas, decidiu mover un pouquiño a lista. É unha competencia dos órganos federais do partido e, por tanto, nós o que facemos é respectar esa decisión”, dixo.
Tomé quixo quitarlle ferro a esta decisión e aínda que a de Lugo foi a única lista que se moveu en Galicia, lembrou que “en España houbo máis listas que tamén se retocaron”. O presidente da Deputación negou, en calquera caso, que a substitución en posto de saída de Sonsoles López Izquierdo, deputada provincial e colaboradora próxima de Darío Campos na institución provincial no anterior mandato, se deba a un “castigo”.
“En absoluto”, engadiu, de feito “permanece na lista”, dixo, aínda que é probable que, ao ser desprazada non saia elixida para as Cortes de Madrid. “En todo caso, eu non debo facer ese tipo de valoracións, quen debe facelas é o órgano competente, que é a Comisión Federal de Listas”, engadiu.