InicioLugo e contornaCarballo sobre O Garañón: "Imos vendo o final do caso máis soado...

Carballo sobre O Garañón: “Imos vendo o final do caso máis soado en Lugo do urbanismo á carta do PSOE”

Para os populares de Lugo constata que "non hai avances nin se esperan" o feito de que "no suplemento de crédito que este xoves se debate en pleno de 10,5 millóns non aparece nin uns só euros para a demolición".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Popular de Lugo, Ramón Carballo, mostrou este xoves a súa satisfacción polo fin da instrución sobre O Garañón porque se “vai vendo o final da travesía do caso máis soado en Lugo do urbanismo á carta do PSOE”.

A xuíza Pilar de Lara, do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, comunicou este mércores que conclúe a investigación por supostas irregularidades no desenvolvemento urbanístico de O Garañón, en Lugo, e propón abrir procedemento abreviado contra o exalcalde da cidade José López Orozco e contra o que era entón concelleiro de Urbanismo, o expresidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez Besteiro, entre outros implicados.

Tras iso, Carballo tamén criticou que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, “non fixese nada en cinco anos” para demoler as torres e que “as súas promesas quedasen en fume”.

Para os populares de Lugo constata que “non hai avances nin se esperan” o feito de que “no suplemento de crédito que este xoves se debate en pleno de 10,5 millóns non aparece nin uns só euros para a demolición”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...