InicioPolíticaLugonovo comeza a actividade política con “moderado optimismo” tras quedar fóra do...

Lugonovo comeza a actividade política con “moderado optimismo” tras quedar fóra do concello

A formación coincide nas dificultades existentes tras quedar sen representación institucional pero recoñece que a militancia está “animada”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugononovo volve á política lucense. Unha vintena de persoas, integrantes da plataforma municipa, reuníronse en asemblea para dar inicio ao novo curso político. Na reunión fíxose unha análise da situación actual da plataforma, deseñando as liñas estratéxicas básicas para o futuro, e tratáronse algúns asuntos de máis actualidade.

Nesa xuntanza destacouse o difícil momento da organización, desde as pasadas eleccións municipais, nas que se perdeu a representación institucional. A pesar diso, valorizouse o bo clima interno, os coñecementos acumulados gracias á experiencia pasada e a actual liberdade para deseñar o proxecto de Lugonovo. “En definitivo, recoñécense as dificultades actuais, mais encárase o futuro con decisión e un moderado optimismo”, destaca a formación nun comunicado.

Ademais da análise estratéxica, aprobouse o apoio á próxima Folga Mundial polo Clima, así como as recentes alertas feministas. Tamén se recordou a existencia da programación cultural de Lugonovo, que actualmente conta coa exposición colectiva BRAVAS, en que a obra de oito mulleres artistas pode ser visitada nos Cinemas Codex (Praza de Viana do Castelo, nº 3-5).

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...