InicioPolíticaO BNG ve a fin de Suplusa como o "primeiro paso" para...

O BNG ve a fin de Suplusa como o “primeiro paso” para “baleirar de contido” a Deputación

A pesar de formar parte do goberno bipartito, os nacionalistas amósanse contrarios á pervivencia destes organismos no tempo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro, considerou a disolución de Suplusa un “primeiro paso” para baleirar de contido o organismo provincial, no marco do ideario do BNG ante estas institucións.

Estas declaracións prodúcense despois de anunciarse a convocatoria dun pleno o 12 de setembro para iniciar o proceso de disolución da devandita sociedade, que aínda preside o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.

Ferreiro lembrou que a eliminación desta sociedade está incluído no acordo de goberno que subscribiron socialistas e nacionalistas para gobernar a Deputación. É por iso que dita decisión era “algo esperado” ao quedarse a sociedade do chan provincial “obsoleta e sen sentido”. “Tamén é un primeiro paso para baleirar de contidos estas institucións  [as Deputacións] que teñen que desaparecer. Iso é algo que o BNG leva reivindicando desde hai tempo”, proclamou.

Sobre como pode afectar as residencias de maiores, Ferreiro apresúrase en deixar claro que “haberá que esperar a que os técnicos fagan os informes pertinentes”. “No BNG sempre dixemos que a Deputación, neste caso Suplusa, non se podía facer cargo de todas as residencias porque é algo que lle corresponde á Xunta de Galicia”. Con todo insistiu en que o bipartito respectará “os acordos cos concellos”, pero tendo “sempre a vista posta” en que o Goberno galego “asuma as súas responsabilidades” para que sexa a Xunta quen xestione os centros.

DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE

Xa hoxe, o presidente, José Tomé, recoñeceu que Suplusa é un “problema para a Deputación”. “Creo que os problemas hai que resolvelos e non deixalos larvados. A maneira para dar solución definitiva era convocar este pleno para iniciar o proceso de disolución de todos os órganos de Suplusa. Farémolo o doce de setembro e os demais partidos (PP e BNG) entenderon esta decisión do presidente e van apoiar unanimemente esta decisión, co cal creo que é unha boa decisión para todos”, presumiu finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...