InicioPolíticaO control das concesións municipais, posto en dúbida tras a situación no...

O control das concesións municipais, posto en dúbida tras a situación no centro de día Antonio Gandoy

O PP cre que os atrasos nos pagamentos das nóminas ou o incumprimento do acordo de suba salarial reflicten a falta de supervisión por parte do Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai uns meses, coñecíase a situación inestable do persoal do centro de día municipal Antonio Gandoy, cuxa empresa concesionaria non pagaba as nóminas a tempo. Ao ver que as circunstancias non cambiaban, hai unhas semanas comezaban en Lugo mobilizacións cidadás para instar ao goberno local a solucionar a problemática. Agora é o PP quen se ergue contra esta situación: Denuncia a ausencia de control municipal na concesión deste centro de día.

A concelleira do grupo municipal do PP en Lugo, Carmen López Silva, quéixase de que os empregados destas instalacións están a sufrir continuos retrasos no cobro dos seus salarios. Achaca isto á suposta falta de control e de pago da concesión por parte do goberno local, unha realidade que din coñecer ben no PP logo de visitar o propio centro de día.

López Silva critica que “a falta de traballo” do goberno bipartito local vese reflectida neste tipo de problemáticas “tan desagradables”. Non só é que o persoal tarde meses en cobrar, senón que dende o PP aseguran que tampouco se lles aplicou a suba salarial recollida no acordo da concesión e que tampouco reciben os uniformes regulamentarios. Nalgúns casos, os traballadores chegaron a comprar eles mesmos a roupa de traballo, sinalan os populares.

“Son situacións que nos levan a pensar nunha falta total de control por parte do goberno local”, sostén Carmen López Silva. Cre que estas circunstancias son consecuencia da tónica xeral que ven no Concello, en alusión á presunta falta de supervisión das concesións municipais. Por iso, o PP pedirá por escrito todos os documentos, actas ou informes que demostren “algún tipo de control” sobre esta concesión en concreto.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...