InicioPolíticaO PP pide "transparencia" ao PSOE e ao BNG, dos que "só...

O PP pide “transparencia” ao PSOE e ao BNG, dos que “só se sabe que lles interesa o asento na Deputación”

Elena Candia cre que o proceso de primarias dos socialistas pode provocar que descoiden a necesidade de avanzar nas negociacións para a constitución do goberno provincial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A presidenta do PP de Lugo e portavoz do grupo provincial, Elena Candia, esixiu hoxe “transparencia” tanto ao PSdeG como ao BNG, nas súas negociacións arredor da Deputación. A falta de menos dunha semana para a constitución da Deputación, lamentou, “nada se sabe sobre o futuro desa institución”.

En declaracións aos medios de comunicación, Elena Candia afirmou que das intencións de socialistas e nacionalistas en canto ao goberno da Deputación de Lugo “só sabemos que lles interesa o asento, pero aínda non sabemos para que”.  Afirmou  que nada se sabe das negociacións que terían que producirse entre ambos partidos se realmente pretenden formar un goberno de coalición, nin sequera se realmente se están a producir eses contactos. Con todo, o certo é que hoxe mesmo se confirmou ese primeiro encontro entre socialistas e nacionalistas para avanzar na posible coalición.

FALTA DE TRANSPARENCIA E DESVÍO DE ATENCIÓN

Iso si, a presidenta provincial do PP quéixase da falta de “transparencia”. A estas alturas, teimou, cando queda menos dunha semana para o pleno de constitución da corporación, “non sabemos o que están a falar entre eles”. Por iso, esixiu a ambos partidos que fagan público “o seu proxecto de provincia”

“Non estamos nada tranquilos”, insistiu en referencia ao PSOE. Inmersos nun proceso para elixir o novo secretario xeral da provincia “os problemas entre eles acaparan toda a súa axenda e toda a súa xornada laboral”. EFE

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...