
O PSdG e o BNG tiveron unha xuntanza na mañá deste venres para avanzar nun posible acordo que permita un goberno de colición na Deputación Provincial de Lugo.
Ese bipartito, a única forma para arrincarlle os mandos provinciais ao PP, levaría canda si a investidura de José Tomé, alcalde de Monforte, como presidente. O candidato, avalado por Ferraz e pola executiva autonómica do PSdG, ten todas as papeletas para conseguir o posto, xa que tamén contaría co apoio do BNG.
Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.