InicioEconomíaComezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

Os traballos afectan a un tramo da LU-P-2902, unha vía de especial relevancia posto que rexistra un elevado volume de tráfico, tanto rodado como peonil. O orzamento total deste proxecto é de case 211.000€

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun tramo da LU-P-2902, a vía que conecta Lugo con Ponte de Ombreiro. As obras, que está a realizar a empresa Explotaciones Gallegas, SL, afectan a un treito de algo máis de dous quilómetros e medio, desde o inicio da vía ata a estación potabilizadora de augas, situada no punto quilométrico 2,580.

Unha vez rematados os traballos de reapertura de cunetas, realizarase a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal mediante o pintado da vía con marcas reflexivas brancas. Estímase que as obras se prolonguen ao longo dos próximos quince días, aínda que a súa duración poderá variar en función das condicións meteorolóxicas.

A institución provincial destina a esta actuación 210.992€, un proxecto que é de especial importancia porque se trata dunha vía que rexistra un elevado volume de tráfico, tanto rodado como peonil. Estes traballos mellorarán a conexión entra a zona das Saamasas e a parroquia de Ombreiro e ademais, esta estrada provincial dá acceso a varias rutas de sendeirismo ao seu paso pola contorna do Río Miño.

Con estas actuacións, que se enmarcan dentro do compromiso da Deputación de Lugo de mellorar a rede viaria provincial, incrementaranse as condicións de circulación e seguridade nestes tramo, moi empregado polos veciños de Lugo e visitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...