InicioAncaresBarallaMiguel González xa é oficialmente o sucesor do seu pai na alcaldía...

Miguel González xa é oficialmente o sucesor do seu pai na alcaldía de Baralla

Ve "normal" que el ocupe o cargo , porque a veciñanza "votou unha lista". Asegura que seguirá a liña de traballo do anterior rexedor, González Capón

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Miguel González xa foi investido como novo alcalde de Baralla. Sucede así ao seu pai, Manuel González Capón, quen ocupou durante 32 anos o cargo e faleceu tres días despois de renunciar por motivos de saúde.

Miguel González concorrera como número 3 da candidatura do PP, así que para a súa elección foi precisa a renuncia da segunda persoa da lista. Liquidado ese trámite, foi elixido alcalde cos votos do grupo municipal do Partido Popular, que obtivo de novo a maioría absoluta, con oito dos once edís.

Tras ser investido, Miguel González recoñeceu, en declaracións aos medios de comunicación, que o de hoxe foi para el un día difícil, porque “as circunstancias son moi complicadas”. “Non sabería expresar o que sinto. Por unha banda alegría e por outro tristeza. Aínda que fixese o esforzo, non teño palabras para explicalo”, recoñeceu.

Asegurou que a transición no Concello de Baralla tras o falecemento do seu pai produciuse con total normalidade, porque “a xente votou a unha lista” e foron os seus compañeiros do grupo municipal os que o apoiaron para asumir a alcaldía. Desde o seu punto de vista, é “algo normal”, porque todo o proceso se fixo de acordo á legalidade.

En canto ás súas intencións á fronte do Concello, dixo que sempre estivo “orgulloso” da xestión do seu pai e agora espera que o estea “vendo desde aí arriba”. Por iso, afirmou que asumirá esta nova etapa “con moita calma” e dándolle continuidade “ás “cousas que puxo en marcha o anterior alcalde” e aos “proxectos que el tiña na cabeza”. A “xente así o pediu”, concluíu.  EFE

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...