InicioPolíticaRenuncia o alcalde de Baralla unha semana despois de tomar posesión do...

Renuncia o alcalde de Baralla unha semana despois de tomar posesión do cargo

O rexedor, que leva 32 anos no cargo, alega problemas de saúde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Baralla, Manuel González Capón, renunciará este venres ao seu cargo, só uns días despois de tomar posesión no pleno de investidura -o día 15 de xuño-, por motivos de saúde. Leva no cargo desde 1987, o que fai que sexa un dos máis lonxevos de Galicia.

Fontes da agrupación local do Partido Popular confirmaron a EFE que a renuncia de González Capón, un dos rexedores máis veteranos da provincia de Lugo, producirase nun pleno extraordinario convocado para o venres ás 10:00 horas.

Previsiblemente, a semana que vén celebrarase outro pleno no Concello de Baralla para elixir ao novo alcalde entre os membros do grupo municipal do Partido Popular. De momento, o aínda rexedor local de Baralla delegou as súas funcións no tenente de alcalde, Manuel Rodríguez.

O seu fillo, Miguel González, concorreu ás últimas eleccións locais como número tres da candidatura do Partido Popular, que cultivou unha esmagadora maioría absoluta, con oito do once edís da corporación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...