InicioLugo e contornaLugoLara Méndez repetiría como alcaldesa e aumentaría en votos, segundo unha enquisa

Lara Méndez repetiría como alcaldesa e aumentaría en votos, segundo unha enquisa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lara Méndez repetiría como alcaldesa en Lugo con máis votos que nas eleccións de hai catro anos. Así o recolle unha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz de Galicia que apunta que o PSdeG sería a forza máis votada na capital provincial co 32,6% dos votos, tres puntos máis que en 2015.

A pesar dese aumento de votos, o PSdeG non aumentaría en concelleiros e obtería os nove de hai catro anos. Tamén o PP mantería os oito concelleiros a pesar de deixar de ser a forza máis votada na cidade e de pasar do 32% dos votos ao 28,4%.

A enquisa de Sondaxe tamén destaca unha suba do BNG e un descenso de Ciudadanos e de Lugonovo. Tamén constata a desaparición de ACE e a aparición no consistorio de En Común, forza na que están Podemos e Anova.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...