InicioLugo e contornaLugoTres homes e unha muller para o Senado por Lugo

Tres homes e unha muller para o Senado por Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

1. José Manuel Barreiro (PP) –Lugo, 1957– volve obter a súa acta no Senado, onde exerceu de portavoz do Grupo Popular desde o ano 2011 e ata 2018, cando foi relevado por Ignacio Cosidó. Con traxectoria política tamén na Xunta, competiu con Alberto Núñez Feijóo para ser sucesor de Fraga á fronte do PP galego. É licenciado en Ciencias Económicas, foi presidente do PP de Lugo ata 2016.

2. Rosa Arza (PP) -Quiroga, 1988– é a presidenta de Novas Xeracións na provincia de Lugo. Desde 2016 é concelleira de Mocidade e Turismo en Quiroga.

3. Manuel Lorenzo Varela (PP) –Chantada, 1950– é o actual alcalde de Chantada coa iniciativa Independentes do Asma. Abandonou o PP en 2007 e agora, tras volver ao partido este ano, non só logra a súa acta como senador, senón que encabezará a candidatura do partido en Chantada para as próximas municipais.

4. César Mogo (PSOE) –O Valadouro, 1960–. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, formou parte dos equipos electorais nas etapas de Felipe González, José Luís Rodríguez Zapatero e Pedro Sánchez. Participou no grupo que preparou a moción de censura contra Rajoy e ostentou, entre outras responsabilidades, a Dirección de Asuntos Institucionais do Gabinete da Presidencia do Goberno.

+ posts

ÚLTIMAS

O Lugo Music Festival ’26 reúne en Lugo música e talento de diferentes estilos e países

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello á organización...

Incendio forestal na parroquia de Bóveda, preto da cidade de Lugo

Un helicóptero e dous avións participan desde esta tarde na extinción dun incendio forestal...

Lugo garante as ratios de atención no programa Aprende Xogando

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, comunicou a representantes de CC.OO. que o programa...

Nova edición do “Festival dos Eidos” os días 29 e 30 de agosto apoiado pola Vicepresidencia da Deputación

Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos o festival dos Eidos, promovido pola...