InicioLugo e contornaA ex-ministra Fátima Báñez afirma que co Goberno do PSOE Lugo "crece...

A ex-ministra Fátima Báñez afirma que co Goberno do PSOE Lugo “crece a metade” que con Rajoy

A exministra de Traballo Fátima Báñez (PP) afirmou que "en dez meses" de Goberno do Partido Socialista a provincia de Lugo "crece a metade do que o facía" durante a etapa de Mariano Rajoy na Moncloa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ex-ministra de Traballo Fátima Báñez (PP) afirmou que “en dez meses” de Goberno do Partido Socialista a provincia de Lugo “crece a metade do que o facía” durante a etapa de Mariano Rajoy na Moncloa.

Así o indicou este martes tras manter un encontro con pensionistas de Vilalba  no que estivo acompañada por Jaime de Olano e José Manuel Barreiro, candidatos do PP por Lugo nas eleccións xerais do próximo domingo.

A que foi responsable de Traballo durante o seis anos e medio que permaneceu Mariano Rajoy como presidente do Goberno enxalzou as políticas impulsadas polo Executivo do que formou parte.

Neste sentido, asegurou que as pensións creceron na provincia de Lugo desde o ano 2012 “unha media do 19%” e que “4.500 mulleres da provincia” se viron beneficiadas das prestacións de viuvez aprobadas durante a etapa de Rajoy.

A “senda positiva” que, segundo Báñez, deixou o Goberno popular “está a porse en risco coa ameaza de suba de impostos”, o que provoca que “en dez meses Lugo creza a metade do que o facía con Rajoy”.

“Lamentablemente, a xente volve ter incerteza. Así o demostran as enquisas, nas que o 62 por cento dos enquisados din que a súa maior preocupación é o paro e o 57 por cento que a economía vai a peor”, aseverou Báñez.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...