InicioLugo e contornaLugoO PSOE alerta en Lugo de que Vox podería ocupar a vicepresidencia...

O PSOE alerta en Lugo de que Vox podería ocupar a vicepresidencia dun Goberno de Pablo Casado

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PSOE no Senado, Ander Gil, recalou este luns en Galicia coa primeira parada en Lugo, onde fixo un chamamento aos “galegos indecisos”, aos que alertou fronte a un pacto da “dereita e ultradereita” que “ataca as autonomías”.

Tamén nesta liña se pronunciou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen viu “preocupado” ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo: “Está preocupado porque se Casado vai ser presidente, Vox ten máis papeletas que el para ser vicepresidente”.

É máis, aproveitou as declaracións aos medios que fixo en Monforte, durante unha repartición de propaganda electoral, para sinalar que Feijóo “sabe que o seu ciclo político” chegou “ao seu fin” e que “o PP de Casado non ten a forza para dar o espazo político que el quería ter en Madrid”. “Vaite preparando para ir a Monte Pío, porque está a esperar por un presidente socialista”, díxolle, previamente, o alcalde monfortino, o socialista José Tomei, a Gonzalo Caballero.

Coa mirada posta nos indecisos e a poboación rural, Ander Gil remarcou que estas eleccións do 28 de abril serán “históricas” e nelas “España e Galicia terán a oportunidade de elixir se este país segue avanzando ou retrocede” e destacou que a cidadanía de Lugo “é testemuña do que un goberno socialista é capaz de dicir e facer”.

Así, puxo como exemplo a suba das pensións, da que “saben moi ben os 100.000 pensionistas” da provincia, ou a suba do salario mínimo interprofesional. “Esa é a senda que queremos continuar despois do 28 de abril”, comprometeu antes de lanzar “unha mensaxe aos galegos indecisos”: “a alternativa de retroceso das tres dereitas é especialmente lesiva con comunidades como Galicia”.

Neste sentido, argumentou que “as tres dereitas, incluída a de Feijóo”, están a pór enriba da mesa unha “España uniforme e recentralizada e o único partido que está a respectar a España das autonomías é o PSOE“. Por iso, apostou por que Galicia sexa “vangarda na defensa do Estado das autonomías o próximo 28 de abril, votando masivamente” a favor das comunidades.

“ESFORZO MOBILIZACIÓN MASIVA”

Gonzalo Caballero pediu un “esforzo de mobilización masivo” e incidiu en que aos galegos lles vai “ben” cando en España gobernan os socialistas. “O PSOE cumpre fronte ao cinismo e incumprimentos de Feijóo e Casado. Se facemos esforzo de mobilización en Galicia, o PP vai levar un trompazo en España e en Galicia”, aseverou.

Gonzalo Caballero subliñou que o Goberno de Pedro Sánchez “cumpriu” coon Galicia e puxo como exemplo que, desde que está no Executivo central (aínda non hai un ano), os galegos “saben que o AVE vai chegar en prazo porque cumpriu cos investimentos e non hai atraso desde que é presidente”.

O dirixente galego corroborou que o PP “se botou en mans da ultradereita e non cre en Galicia nin nas autonomías”. “O PP con Vox supón un ataque á Galicia que queremos construír a maioría dos galegos”, subliñou, antes de chamar a unha “maioría ampla e sólida” para o PSOE, co fin de que Pedro Sánchez “non dependa doutras forzas políticas”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...