InicioOpiniónDiario da nova normalidade: o cinema como vía de escape

Diario da nova normalidade: o cinema como vía de escape

"Houbo épocas da miña adolescencia na que se quito o fútbol, a única saída da rutina -a ver se pensades que un adolescente non sinte a rutina- era ir ao cinema cos amigos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Creo que na miña infancia vin seis ou sete veces, como pouco, ‘Los Goonies‘. A peli saíu no 1985, cando eu tiña dous anos, pero era un deses clásicos que repuñan na televisión de cando en cando, como ‘E. T.‘.

Poido recordar claramente como me sentía cando pasaban o anuncio na tele, esa sensación de “acontecemento“, de “hai que vela” (hoxe os pedantes dirían en Twitter ‘must‘ ou ‘imprescindible‘) por moito que desen ‘Los Goonies’, quizais, sete ou oito meses antes. Era sempre un planazo.

(…)

Conto toda esta monserga a raíz de que este venres, 19 de xuño, volve o cinema a Viveiro. Pasaron máis de tres meses desde que as salas cesaron a actividade, o 13 de marzo, polo coronavirus. Na carteleira desta fin de semana están ‘Onward‘, ‘The Gentlemen‘, ‘El Resplandor‘ e ‘Richard Jewell‘ e, tamén, claro, ‘Los Goonies’.

UN ESPECTÁCULO QUE QUERE SAÍR DA UCI

E que queredes que vos diga, paréceme algo, con modestia, a celebrar. O moribundo espectáculo do cinema, devorado por ese monstro de mil cabezas das series, quizais debera tratarnos mellor e segue buscando fórmulas (agora, retro) para saír da Uci. Pero igual o coronavirus nos ensina que tamén que coidalo un pouco é outra forma de ter saúde.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘  —agora ‘Diario da nova normalidade’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...