InicioOpiniónDiario da desescalada: o primeiro concerto post-coronavirus

Diario da desescalada: o primeiro concerto post-coronavirus

Tamara Lorenzo, pianista residente en Alemaña, conta como viviu a experiencia e a perspectiva dos traballadores da música ante a crise.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey |  Despois do primeiro brote do coronavirus, de meses de anguria e de corentena, a desescalada trouxo de volta os paseos ao aire libre, os encontros, as cervexas nas terrazas dos bares ou as comidas en familia. Todas actividades polas que deveciamos despois de meses de confinamento. Tamén trouxo de volta a música, que nunca marchara, pero que durante a reclusión reivindicou quizais máis ca nunca a súa importancia nas nosas vidas, a súa capacidade para emocionarnos e para recoñecer os nosos sentimentos e emocións nos sons que interpretan outras persoas.

Tamara Lorenzo Gabeiras, natural de Ortigueira pero que viviu boa parte da súa vida na Mariña Lucense, na vila de San Cibrao, exerce como pianista no Teatro de Meiningen (Meiningen Staatstheater), en Alemaña. Estes días cóntame que regresará aos concertos dun xeito un tanto especial, virtual. Pregúntolle se falamos á volta do recital para que comparta a súa experiencia, a da emoción dunha música que volve ao oficio.

A VOZ DE TAMARA

P: Que sensacións tiveches?

R: A maior sensación foi que este novo formato deu lugar a unha gran pregunta interna que aínda teno por contestar. Para quen e por que tocamos. Para o compositor, para servir á música en si (de ser isto, que significa realmente), para a xente, para nós, para o outro músico ou músicos cos que estamos a tocar no momento… e unha vez que nos decidimos por un destes receptores viría a pregunta de “por que?”. Desfrutei moito da experiencia de traballar para este proxecto e de tocar desta forma. E agradezo que provocase o nacemento de todas estas preguntas para as que creo é necesario ter unha resposta clara.

Podes ler a entrevista completa de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...