Ana Belén Fernández | Ao comezo do confinamento as chamadas e videochamadas adquiriran unha nova dimensión. Os móbiles ardían porque todo o mundo quería falar con todo o mundo, incluso con esa xente que non adoitas facelo. Despois, ese exceso deu lugar a unha saturación e a non querer falar xa do coronavirus.
A corentena ao principio significaba para min, entre outras cousas, tempo, tempo para facer o que en circunstancias normais non fas. Pensaba nos/as escritores/as e este xoves chamei a un, que segundo lle dixen que esperara utilizar o confinamento para escribir díxome: “para escribir hai que vivir e saír fóra da gaiola de hámster, que che poñen unha roda e paréceche que vives e corres, pero sempre estás no mesmo sitio”.
Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘ —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.