InicioOpiniónDiario da desescalada: afacerse ás normas sanitarias

Diario da desescalada: afacerse ás normas sanitarias

As terrazas de bares e restaurantes deixan unha sensación agridoce. Por un lado alegra volvelas ver abertas e con xente, pero por outro, queda esa mágoa de ollar o interior baleiro e a distancia social que hai que gardar onde antes se socializaba. Mais é o que toca se non queremos pasar todo o verán na casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés Pavón | Polo de agora, ben. As primeiras semanas de desescalada están deixando ver en Chantada unha actitude moito máis cívica do que se viviu noutras partes de Galicia. O emprego de máscaras é moi elevado sendo unha minoría os que non a levan posta en espazos públicos tanto pechados como abertos. Outras normas como camiñar pola marxe dereita das rúas ou usar luvas aínda non acaban de callar pero seguro que o exemplo que dan algúns terminará por guiar a case todos.

cumprimento das normas sanitarias apoderouse das nosas vidas. Tanto da dos que as respectan como da dos que non. Así, gardar cola xa se converteu nalgo asumido por todos sen maiores complicacións. Ata dá a sensación de que desapareceu esa picaresca antes tan habitual de coarse como fora. Nalgúns supermercados chegan a ser de máis de cen metros os sábados pola mañá. No resto de negocios -seguramente por cuestións de tamaño- son máis reducidas pero tamén inevitables. É a famosa nova realidade.

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...