InicioOpiniónDiario da desescalada: o son alegre da fase 1

Diario da desescalada: o son alegre da fase 1

« Fillas e fillos, irmáns, sobriños... aproveitaron a fin de semana e a posibilidade de desprazarse pola provincia para ir ver a aqueles que tanto estrañaran durante este longo par de meses. Había máis coches! Bulía a xente nas airas! »

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta mañá cadroume ver un vídeo no que dicían que nestes tempos de pandemia xa non se sentían tantos coches circular polos camiños da aldea. En cambio, os tractores pasaban coma antes. É certo. Por aquí todo segue igual (menos algunhas cousas). Canda a fase 1 da desescalada tamén veu o tempo de ensilar. O sol quenta no bico do ceo e a maquinaria roxe ata entrada a noite.  

E é que non faltou o ruxido esta fin de semana. A fase 1 soa forte e alegre, polo   ̶e̶s̶c̶o̶i̶t̶a̶d̶o̶. visto. Comezou o luns 11 de maio, pero non foi ata este sábado e domingo que se comezou a notar máis por estes lares. Fillas e fillos, irmáns, sobriños… aproveitaron os días libres e a posibilidade de desprazarse pola provincia e reunirse nas casas para ir ver a aqueles que tanto estrañaran durante este longo par de meses.

Había máis coches! Bulía a xente nas airas! Vin unha perruquería improvisada baixo dunha pendella! Había, tamén, máscaras de xente precavida que tiña ganas de reencontrarse cos seus pero que temía levarlles o bicho. “Non te me achegues!”, dicía un parente seguidiño. “Aló en Lugo non é coma aquí, aló hai máis xente. E non se sabe quen o ten”.

As conversas, claro, tampouco eran moi distintas ás que se mantiñan por teléfono. Xa nos afixemos un pouco á vida telemática. Pero, iso si, agora vémonos máis reais, máis de verdade, e escoitámonos en vivo con menos interferencias. Unicamente algún tractor de fondo, un deses que non deixaron de pasar… Agora sentímonos falar preto e soamos todos máis contentos.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...