InicioOpiniónDiario da desescalada: o risco do esquecemento

Diario da desescalada: o risco do esquecemento

Dá para preguntarse canto tardarán en enferruxarse na nosa memoria estes días de reclusión, de medo e vulnerabilidade, de responsabilidades e irresponsabilidades, de perdas humanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | O pasado martes, Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, viuse obrigado a lembrar que nas anteriores 24 horas contabilizáranse 176 mortes por coronavirus para un total de 26.920 falecementos desde o inicio da pandemia (27.321 mortos a día de hoxe). O epidemiólogo instou a non esquecer “o que viviron os sanitarios e a poboación” ao fío das imaxes de terrazas abarrotadas, despois de que o luns se permitise con restriccións o inicio da actividade hostaleira.

O pasado xoves, gobernos locais da Mariña Lucense lembraron que, malia a apertura de determinadas actividades, seguimos en estado de alarma e a lidiar cunha emerxencia sanitaria, probablemente a de maior magnitude que viviremos nas nosas vidas. Á volta da esquina está unha fin de semana na que abrirán moitos comercios hostaleiros e no que se presumen moitos desprazamentos a segundas residencias dentro da provincia, polo que non faltan as voces que piden cautela, non esquecer o risco que, de non ser precavidos e evitar aglomeracións, asumimos non só para as nosas vidas senón tamén para as dos veciños.

O QUE VIVIMOS

O que viviron os sanitarios e a poboación está contado, mellor ou peor. As fendas da sanidade pública e a especulación (é o mercado, amigo) con armas ou con elementos de protección básicos, que deixaron aos profesionais sós na area contra os leóns, coas pantallas feitas por voluntarios a modo de escudo; a morte de centos dos nosos maiores, que tiraron de nós antes e despois da crise de 2008, confinados en residencias que non están para curar; a obriga das pequenas empresas, do comercio e a hostalería, de pechar ou partir de novo de cero; a precariedade que leva a ducias de familias a solicitar a axuda dos servizos sociais despois de dous meses de inactividade. E queda aínda moito por contar.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Lugo avoga por que a esquerda “axunte esforzos” na súa provincia para evitar “voto inútil”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera que a esquerda "debe axuntar esforzos", tamén na...

A provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir a seguridade viaria este inverno

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou o plan de viabilidade invernal para...

Convocan as primeiras xornadas de Saúde Mental en Lugo, a provincia co maior número de suicidios en España

A asociación de voluntariado autonómica Stop Suicidio Lugo anunciou este venres a celebración das...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...