Home Opinión Día 32 de corentena: unha reflexión sobre o civismo

Día 32 de corentena: unha reflexión sobre o civismo

0
Día 32 de corentena: unha reflexión sobre o civismo
LaSexta acusa a Rajoy de saltarse o confinamento para facer deporte na vía pública | Al Rojo Vivo.

Ramón González Rey | Estes días de pandemia varremos todos un pouquiño para a casa. [… ] Hai cousas que non cambian. Non cambia, parece, o desprestixio á lei —máis cá lei, cambiante, ao civismo, esa chamada a saír de nós mesmos e recoñecernos nós demais, a pensarnos e vivirnos en conxunto— dunha determinada dereita que só se atén ás normas cando goberna.

Do creador de “quen che dixo a ti que quero que conduzas por min” e de “a min non me gusta que me digan que teño que ir a certa velocidade“, película estreada trece anos atrás, cando morrían ducias de persoas borrachas ao volante (e mataban tamén), chegou a secuela. O sucesor, unxido polo propio pai —e haberá quen diga que teño memoria selectiva, pero isto demostra unha vella forma de entender o poder, especialmente cando non se ten—, sae a facer ‘marcha’ cando o resto dos mortais tentamos de deixar de comernos as unllas e concienciarnos de quedar na casiña. Igual o civismo é iso, deixar de varrer para a casa: para algúns, semella que unha bonita palabra.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here