InicioOpiniónDía 28 de corentena: cando nos xuntabamos arredor da lareira

Día 28 de corentena: cando nos xuntabamos arredor da lareira

Debemos recoñecer que estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Felipe Castro López | “Nestes días de cautiverio polo coronavirus afloran moitas capacidades que parecían, en boa medida, ocultas ou esquecidas, podendo destacar de entre elas: a vontade de evasión, tanto física coma espiritual ou mental; o enxeño á hora de manexar o sentido do humor; a maña ou talento para desenvolver cousas e instrumentos de primeira necesidade, dende as máis sinxelas ata as máis complexas e tecnolóxicas; ou a xenerosidade e solidariedade para cos demais.

Debemos recoñecer que, paulatinamente e segundo en que casos, estes novos sistemas de comunicación verbal ou escrita nos foron afastando do costume e da necesidade de xuntarse para falar, deixando atrás tamén a obrigatoriedade e o hábito dese contacto persoal, desas longas conversas tan agradables e enriquecedoras que contribuían a facernos máis sociables, máis comunicativos, máis colaborativos e máis xenerosos e solidarios.

Para min, tal vez, un dos lugares máis axeitados eran aquelas lareiras nas que nunca se apagaba o lume e que, ademáis de proporcionarnos calor e un lugar onde cociñar, achegábanos un espazo íntimo pero tamén colectivo, acolledor e entrañable”.

Podes ler o artigo completo de Felipe Castro López no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...