InicioOpiniónDía 22 de corentena: nós arramplamos co papel hixiénico; os americanos, coas...

Día 22 de corentena: nós arramplamos co papel hixiénico; os americanos, coas armas

Coma o coronavirus, a estupidez humana non entende de fronteiras. Semella o xogo da pedra (munición), papel (de váter) e as tesoiras (das políticas de recortes).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Marco López | Coma os virus, a estupidez humana tampouco entende de fronteiras. Estámolo a ver todos os días na vella Europa, mais tamén alá polo Novo Mundo. Aquí deunos por fornecernos de papel hixiénico para os vindeiros anos e nos Estados Unidos de América decidíronse por baleirar os estantes das armerías en canto lles foi anunciado o comezo do confinamento. Igual que no famoso xogo de «pedra, papel ou tesoira», cadaquén colleu o que quixo: uns decantáronse polo papel e outros elixiron as pedras (municións). Aínda que, polo que se observa, ese fogar agarimoso publicitado desde o aforismo estadounidense do Home Sweet Home acabou por transformarse nun lugar máis perigoso que a California da febre do ouro.

PEDRA, PAPEL E TESOIRA

Este episodio tróuxome á mente o documental ‘Bowling for Columbine, que, como non pode ser doutro xeito, tamén é de feitura norteamericana. Case vinte anos despois da estrea do filme dirixido por Michael Moore, a súa temática continúa estando de máxima actualidade.

[…]

Aquí e agora, neste tempo de incerteza pandémica, a moita xente deulle por mercar papel hixiénico. Unha decisión coma outra calquera, pero cunhas consecuencias moito máis inofensivas que as que adoitan provocar as armas de fogo. Non obstante, entre a pedra, o papel ou a tesoira eu decántome por esta última co ánimo de rachar coas políticas privatizadoras do actual Goberno da Xunta dunha vez por todas.

Podes ler o artigo de Marco López, funcionario xudicial e graduado en Criminoloxía pola Universidade de Salamanca, no Xornal da Mariña.  A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Lugo avoga por que a esquerda “axunte esforzos” na súa provincia para evitar “voto inútil”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera que a esquerda "debe axuntar esforzos", tamén na...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Trasladan ao hospital a un home tras un atropelo en Castro de Rei

Un home de 50 anos resultou ferido e tivo que ser trasladado a un centro...

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor,...